Canon e repertorio fantástico nas escritoras de microrrelato

A narrativa breve, e moi especialmente o microrrelato, é un xénero propicio para o tratamento do fantástico. A quebra da fronteira entre o real e o imaxinado, soñado, insólito ou inverosímil encaixa nas estratexias de elipse e intensidade do relato curto. En “Canon y repertorio fantástico en las escritoras de microrrelato” propóñeme abordar, dentro deste […]

Compostela ás escuras

“A realidade imita a ficción” lese nestes días, nos que a distopía deixou de ser unha angustiosa experiencia creativa para vivila en carne propia. Esta mesma percepción acompañoume cando, ao inicio do confinamento, apuraba as últimas páxinas de Rueiro da cidade escura, de Patricia A. Janeiro. A autora preséntanos unha cidade que, de súpeto, unha […]

Categorización de microrrelatos (Mar de pirañas)

No artigo «Taxonomía del microrrelato hispánico del siglo XXI: propuestas metodológicas de investigación en (la) red« (Núñez Sabarís e Ribeiro, 2020) abordamos un estudo crítico do microrrelato do presente século, apoiándonos na base de datos Microrrelato y antología. Analizamos os textos incluídos na antoloxía Mar de pirañas (Valls, 2012), aplicando novos campos e categorías (extensión, […]

Entrevista no xornal Nós Diario

O xornal Nós Diario recolle esta entrevista sobre o traballo Cartografías da narrativa galega contemporánea, gañador do XIX Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Na entrevista realizada por Héctor Pena abordamos os estudos transmedia, a posición da literatura galega no contexto global, as xeografías literarias ou a creación artística e a proxección comercial da cultura.