Novos retratos: intermedialidade, transmedialidade e políticas identitarias

No Seminário «Les nouveaux portraits: intermédialité, transmédialité et politiques identitaires», da Universidade de Clermont-Auvergne analicei os relatos e retratos da ficción sobre o narcotráfico en Galicia, desde unha perspectiva intermedial (literatura, periodismo, televisión e cómic). As estratexias discursivas utilizadas, que parten da dimensión cartográfica do xénero, van dende un certo paternalismo, asentado nas estruturas socio-económicas […]

Escritoras, literatura fantástica hiperbreve e canon

No  IV CONGRESO INTERNACIONAL VISIONES DE LO FANTÁSTICO: “LAS CREADORAS Y LO FANTÁSTICO”, continuei coa análise do microrrelato no campo literario, a partir do estudo das antoloxías. Neste caso analicei a presenza de escritoras nas antoloxías de minificción e o seu contributo ao repertorio do microrrelato contemporáneo. Presentación «Canon y repertorio fantástico en las escritoras […]

Cultura dixital e narrativas distópicas: da minificción en rede a Black mirror

Nesta presentación, desenvolvida na Univesidade de Santiago de Compostela (Simposio Internacional Prácticas virtuais e dixitais emerxentes) e na Universidade do Minho (Coloquio Internacional Figuras do post-humano. Literatura, cinema, cómics) analicei a cultura dixital e as narrativas distópicas, a partir da minificción publicada na rede e de capítulos da serie televisiva Black mirror. Presentación Cultura digital […]