En determinada ocasión, tiven oportunidade de escoitar a José Luis Gómez. Dicía, con razón, que non hai proxecto democrático, sen un auténtico proxecto cultural detrás. Viña isto a colación nun tempo, que xa perdura, onde a planificación cultural vai a miúdo de fasto en fasto ata a derrota final.
Mes: enero 2014
Valle-Inclán, poeta moderno no canonizado
Xa está nas librerías o libro de Rosario Mascato, Valle-Inclán, poeta moderno no canonizado, resultado do traballo co que gañou o Premio Concepción Arenal, en 2012.
Até, colegas
Unha das cousas que botarei de menos no ano que comeza serán os meus compañeiros do grupo de traballo que elabora os exames e os instrumentos de avaliación do Celga. Foi unha enorme satisfacción participar neste proxecto e facer parte deste excelente equipo de traballo. Muito obrigado, gente, por estes anos.
Exposición de Mónica Ortúzar González
Do álbum: Fotos da cronoloxía De Museu Nogueira da Silva EXPOSIÇÃO de Mónica Ortuzar González “Confrontos” Inauguaração: 3 janeiro às 18h00 Data: 3 a 31 janeiro 2014 Horário: terça a sexta – 10h-12h e 14h-18h30 | sábado – 14h-18h30 Entrada: Livre Local: Galeria da Universidade / Museu Nogueira da Silva Máis información en: https://www.facebook.com/pages/Museu-Nogueira-da-Silva/168407656543789
Dieudonné entre nós
As crises ofrecen respostas semellantes ao longo da historia. Por exemplo, a marea azul que percorreu o panorama político nas últimas eleccións explícase, en grande parte, pola perspicacia da actual maioria gobernante en captar o impulso sociolóxico que toda crise xenera, na simplificación de respostas e identificación de responsables.