A narrativa breve, e moi especialmente o microrrelato, é un xénero propicio para o tratamento do fantástico. A quebra da fronteira entre o real e o imaxinado, soñado, insólito ou inverosímil encaixa nas estratexias de elipse e intensidade do relato curto. En “Canon y repertorio fantástico en las escritoras de microrrelato” propóñeme abordar, dentro deste […]
Categoría: Divulgación académica
Clásicos para todos os públicos. La casa de Bernarda Alba
Esta unidade didáctica de La casa de Bernarda Alba, en formato genially, pretende facilitar o acceso á súa lectura, dramática e escénica, para un alumnado cun nivel de lingua B2 de español ou superior. A secuencia en catro tarefas percorre o mundo cultural e vivencial de Lorca que expresa este texto teatral, centrado na traxedia […]
Categorización de microrrelatos (Mar de pirañas)
No artigo «Taxonomía del microrrelato hispánico del siglo XXI: propuestas metodológicas de investigación en (la) red« (Núñez Sabarís e Ribeiro, 2020) abordamos un estudo crítico do microrrelato do presente século, apoiándonos na base de datos Microrrelato y antología. Analizamos os textos incluídos na antoloxía Mar de pirañas (Valls, 2012), aplicando novos campos e categorías (extensión, […]
Novos retratos: intermedialidade, transmedialidade e políticas identitarias
No Seminário «Les nouveaux portraits: intermédialité, transmédialité et politiques identitaires», da Universidade de Clermont-Auvergne analicei os relatos e retratos da ficción sobre o narcotráfico en Galicia, desde unha perspectiva intermedial (literatura, periodismo, televisión e cómic). As estratexias discursivas utilizadas, que parten da dimensión cartográfica do xénero, van dende un certo paternalismo, asentado nas estruturas socio-económicas […]
Escritoras, literatura fantástica hiperbreve e canon
No IV CONGRESO INTERNACIONAL VISIONES DE LO FANTÁSTICO: “LAS CREADORAS Y LO FANTÁSTICO”, continuei coa análise do microrrelato no campo literario, a partir do estudo das antoloxías. Neste caso analicei a presenza de escritoras nas antoloxías de minificción e o seu contributo ao repertorio do microrrelato contemporáneo. Presentación «Canon y repertorio fantástico en las escritoras […]
Literatura e universidade
En Enseñar literatura en la universidad del siglo XXI desenvolvo aspectos teóricos, críticos e didácticos, a partir da obra de tres clásicos hispánicos do XX. Pretende ser unha proposta adecuada á práctica cultural do alumnado, que deberá acometer tarefas de reflexión, investigación e creación.
Cultura dixital e narrativas distópicas: da minificción en rede a Black mirror
Nesta presentación, desenvolvida na Univesidade de Santiago de Compostela (Simposio Internacional Prácticas virtuais e dixitais emerxentes) e na Universidade do Minho (Coloquio Internacional Figuras do post-humano. Literatura, cinema, cómics) analicei a cultura dixital e as narrativas distópicas, a partir da minificción publicada na rede e de capítulos da serie televisiva Black mirror. Presentación Cultura digital […]
Vigo e as cartografías da novela negra galega
En Vigo noir. Xeografías literarias e relacións intersistémicas na novela negra galega, analizo a posición da novela policial no sistema literario galego e a constitución de Vigo e a súa contorna como un espazo iterario, indispensable para entender este subxénero na cultura galega e para alén dela. O artigo foi publicado no monográfico Confluencias e […]
Novela policial e gamificación nas aulas de ELE (La playa de los ahogados).
A unidade didáctica“Código: 42.15 / -8.8333”, de Xaquín Núñez Sabarís, Ana Cea Álvarez e Ana da Silva Dias, está inspirada na novela de Domingo Villar, La playa de los ahogados (2009) e está dirixida a alumnos de ELE, nivel B2. Segue unha metodoloxía por tarefas, explora a xeografía cultural do relato e utiliza recursos de […]
Base de datos microrrelato hispánico
No Congreso Internacional MiRed – Microtextualidades y cibercultura presentei a base de datos, de elaboración propia, Microrrelatos y antología. Está constituida por un corpus de 1258 microrrelatos hispánicos, procedentes de seis antoloxías publicadas no presente século. Está concebida a partir dunha metodoloxía relacional, aportando datos dos autores, fontes bibliográficas primarias dos microrrelatos e repertorio (temas e motivos), que permite opcións de […]