Un dos actos da Feira do Livro de Braga foi a lectura dramatizada dos textos de Valle-Inclán, A rosa de papel e Sacrilégio. A iniciativa intégrase no proxecto BragaCult da Companhia de Teatro de Braga e formou parte dun dos talleres dirixidos polo director de teatro galego Antonio Simón.
A CTB covidoume para realizar a presentación do acto e introducir a figura e obra de Valle-Inclán. Este foi o texto que lin para os asistentes ao evento.