Os anos felices de vacacións low cost, cubatas e puterío devólvennos agora, como os cascallos dunha sinistra marea, a novela negra por entregas de episódicas e case silenciadas redadas contra a trata de brancas. Como unha nota a pé de páxina da necesaria actualidade. Unha puntada na conciencia.