Na abertura do Coloquio «20 anos de Teatragal» (13 de maio), con Pedro Dono López, Manuel Guede e Rui Madeira.
Mes: mayo 2016
Entrevista sobre o Coloquio 20 anos de Teatragal
Hoxe sexta feira e mañá sábado celébrase na Universidade do Minho en Braga unhas xornadas que conmemoran o 20 aniversario do primeiro Teatragal, que reuniu axentes da escena dramática de ambos os dous lados do Miño. Falamos con Xaquín Núñez, profesor compostelán desta universidade. Ler entrevista completa en Sermos Galiza
O belén
Envío estas liñas nas vésperas do Nadal. Do Nadal brasileiro, de impoñente sincretismo cromático, cultural e relixioso. Referentes moi afastados dos usos e imaxes aos que acostumamos polas latitudes setentrionais. Compartimos, non obstante, simboloxías como a árbore, as cintas de cores ou o belén (magnífica unha mostra artesanal na catedral carioca). Ler o artigo completo en […]
Telexenia
Comezar este artigo cun neoloxismo é xa unha declaración de intencións. O novo parece que se impón, tamén na actual hora política, segundo consenso case xeneralizado. Si, tamén eu concordo con que estamos a asistir a un renovado –e desexable- interese pola política e, xa que logo, talvez a unha maior conciencia da súa importancia […]
Moncho Fernández
Chegada a primavera e os veredictos das competicións deportivas, Compostela celebra un ano máis a proeza de manter o seu equipo de baloncesto na división de ouro. Cómpre, dentro do meritorio resultado, o debido recoñecemento a Moncho Fernández, que capitanea este proxecto deportivo, collendo o testemuño que deixara aquel Compos mataxigantes. Ler o artigo completo […]
Xardín suspenso
Abriu o ano o Centro Dramático Galego cunha estrea que aposta de novo polo intercambio teatral con Portugal. Neste caso, unha obra, Xardín suspenso, do montealegrense Abel Neves, que se manterá en carteleira ata o vindeiro día 29 de marzo. Ler máis en Sermos Galiza