Os días 23 e 24 de novembro de 2017 celebrouse o Seminario Internacional «El retrato literario en el mundo hispánico (siglos XVIII-XXI)», na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Zaragoza, integrado no proxecto de investigación, que leva o mesmo nome.
Participaron investigadores de diversas universidades, tamén da Universidade do Minho. A miña intervención centrouse no XXI coa seguinte presentación: “Retratos mínimos: elipsis, deformidad y duplicidad en el microrrelato”.