Presentaremos na librería Centésima Página de Braga, o libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, editado por Xosé Manuel Lobato e Miro Villar, na editorial Alvarellos. Reúne diversos textos literarios de escritores galegos e portugueses de diferentes épocas, que deixaron constancia na súa obra deste espazo emblemático da xeografía galega.
O evento contará cunha actuación musical da leitora do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, que porá a nota artística a un novo encontro da cultura luso-galaica.