No volume 2, do número 6 da revista Brumal, dedicado ao horror e o fantástico, saíu publicado o artigo «Tradición, innovación y mercado en lo fantástico en la cultura gallega: el thriller xacobeo».
Neste traballo analizo as transformacións do fantástico, a permeabilidade da temática xacobea no repertorio de produccións culturais galegas contemporáneas e a súa eficacia para proxectarse tanto no campo literario, como no audiovisual, adoptando e adaptando a tradición fantástica da narrativa galaica. Analizo As actas escuras, de Vidal Bolaño, o proxecto transmedial Trece badaladas, de Suso de Toro/Xavier Villaverde e o filme O Apóstolo, de Fernando Cortizo.