Que poden ter en común o Quijote e Breaking Bad? É incompatible a cultura de masas e o entretemento coa cualidade narrativa e as reflexións filosóficas? En que se parece a bondade de Walter White e Don Quijote? Hai unha viaxe á loucura e ao mal? Por que tantos espectadores da serie tentaron comparala coa novela de Cervantes?
No artigo Relecturas posmodernas del Quijote en Breaking Bad. Cultura de masas y democratización estética en la ficción serial, publicado en Ogigia. Revista de Estudios Hispánicas, tento responder e desenvolver algunhas destas cuestións, dentro do paradigma intermedial da cultura dos nosos días.