As novidades editoriais do ano que está a rematar, moitas e interesantes, trouxéronnos un notable predominio da literatura de suspense. En canto discernimos como categorizamos o macroxénero negro/policial na ficción galega podemos constatar que o thriller criminal caracterizou algúns dos volumes con maior impacto no mercado do libro galego do 2019. Tentativas de asasinatos masivos, crimes de […]
Mes: diciembre 2019
Xaquín Núñez gaña o XIX Premio de Ensaio Ramón Piñeiro
O 27 de decembro de 2019 fallouse o XIX Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, que obtiven coa obra Cartografías da narrativa galega contemporánea. Unha cultura en transformación, unha literatura en tránsito, unha ficción en mapas. O Premio é convocado pola Secretaría Xeral de Política Linguística e a Editorial Galaxia, que publicará o traballo en 2020. […]
Novos retratos: intermedialidade, transmedialidade e políticas identitarias
No Seminário «Les nouveaux portraits: intermédialité, transmédialité et politiques identitaires», da Universidade de Clermont-Auvergne analicei os relatos e retratos da ficción sobre o narcotráfico en Galicia, desde unha perspectiva intermedial (literatura, periodismo, televisión e cómic). As estratexias discursivas utilizadas, que parten da dimensión cartográfica do xénero, van dende un certo paternalismo, asentado nas estruturas socio-económicas […]