No Seminário «Les nouveaux portraits: intermédialité, transmédialité et politiques identitaires», da Universidade de Clermont-Auvergne analicei os relatos e retratos da ficción sobre o narcotráfico en Galicia, desde unha perspectiva intermedial (literatura, periodismo, televisión e cómic). As estratexias discursivas utilizadas, que parten da dimensión cartográfica do xénero, van dende un certo paternalismo, asentado nas estruturas socio-económicas dos anos 80 ata a analoxía retratística cos modelos globais da narcoficción.