Divulgación académica

Nesta nova sección do site compartirei e divulgarei presentacións e prácticas educativas realizadas dentro da miña actividade académica e científica (conferencias, seminarios, aulas ou comunicacións). Agardo, a partir do compromiso co coñecemento aberto, que sexan de interese e poidan contribuír para a formación educativa e a discusión en torno á investigación en humanidades.  

20 anos de Teatragal

O 6, 7 e 8 de setembro de 1996 reuníronse en Cangas, e días despois en Viana do Castelo, dramaturgos, directores e actores da escena galega e portuguesa. Os nomes de Vidal Bolaño, José Martins, Manuel Guede, Carlos Porto, Castro Guedes, Eduardo Alonso ou Manuel Vieites evidencian a relevancia das voces que interviñeron nos debates […]