O xornal Nós Diario recolle esta entrevista sobre o traballo Cartografías da narrativa galega contemporánea, gañador do XIX Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Na entrevista realizada por Héctor Pena abordamos os estudos transmedia, a posición da literatura galega no contexto global, as xeografías literarias ou a creación artística e a proxección comercial da cultura.
Categoría: Conversas con…
Vigo e a novela negra
La Voz de Galicia daba noticia do meu artigo Vigo noir. Xeografías literarias e relacións intersistémicas na novela negra galega. Ao fío desta investigación, ofrecía unha entrevista sobre a emerxencia deste xénero literario na literatura galega. Ler entrevista completa.
Entrevista sobre Luces de bohemia e as obras completas de Valle-Inclán
A propósito da publicación das obras completas de Valle-Inclán, na colección de La Voz de Galicia, Entrevista en dúas columnas co xornal a propósito da edición de Luces de bohemia, que abriu a colección. O titular da conversa foi «Valle non perdeu a capacidade de sorprender ao lector» Ler entrevista completa.
Entrevista sobre o Coloquio 20 anos de Teatragal
Hoxe sexta feira e mañá sábado celébrase na Universidade do Minho en Braga unhas xornadas que conmemoran o 20 aniversario do primeiro Teatragal, que reuniu axentes da escena dramática de ambos os dous lados do Miño. Falamos con Xaquín Núñez, profesor compostelán desta universidade. Ler entrevista completa en Sermos Galiza
Valle-Inclán: os trazos do escritor
Conversa a tres bandas, con Margarita Santos e Rosario Mascato, a propósito da obra de Valle-Inclán. Vídeo da exposición Valle-Inclán traducido: outros verbos, novas lecturas, organizado polo Consello da Cultura Galega e comisariado por Rosario Mascato.
Rui Madeira (Director da Companhia de Teatro de Braga)
As oficinas da CTB foron testemuñas da conversa con Rui Madeira (29-I-2014). Falou de como se organizan as compañías teatrais galegas e portuguesas, do teatro como servizo público, das persoas que pilotaron a escena nos últimos anos. De todo isto e de moito máis… Audio da conversa con Rui Madeira
Manuel Guede (Director do Centro Dramático Galego)
Conversamos con Manuel Guede no Café Rúa Nova, o 23 de xaneiro de 2014. Falou de teatro, claro, de historias que se entrelazan ao cruzarmos o Miño, da república independente da escena. Co «Troco x Troco», o programa de intercambio teatral galego-portugués, como pano de fondo. Audio da entrevista con Manuel Guede.