O día 11 de xaneiro superei as probas de agregação en Ciencias da Literatura – Literatura Española. Presentei unha memoria pedagóxica sobre a literatura e cultura española do século XX e unha lección, cuxo título era «De Cervantes, Borges y Merino a la ficción serial (Breaking Bad). Literatura (hispánica) e intermedialidad en la era digital». […]
Categoría: Máis persoal
Cartografías: Bairro Novo Amazonas
En Galicia, a rosa dos ventos apunta a miúdo ao Brasil, xa sexa por aventuras marítimas, migratorias ou sentimentais, configurando millares de cartografías íntimas. Por exemplo, a do bairro Novo Amazonas, cuxa cartografía física o sitúa nun equidistante punto entre os núcleos urbanos de Belo Horizonte e Betim, formando parte da área metropolitana da grande […]
Ruta espiritual – Camiño de Santiago
Tramo da variante espiritual do Camiño de Santiago: Pontevedra – Mosteiro da Armenteira. Pedalada a pedalada percorrendo a ruta do Padre Sarmiento. Destino final, Zacande, claro.
Camiño de Santiago: Braga-Compostela
Realizar en bicicleta o camiño que semanalmente percorro en coche, foi unha auténtica experiencia. Atravesei serras, ríos e vilas e, ao final, agardaba Compostela para compensar este desafío deportivo, cultural e espiritual.
Abertura do Coloquio 20 anos de Teatragal
Na abertura do Coloquio «20 anos de Teatragal» (13 de maio), con Pedro Dono López, Manuel Guede e Rui Madeira.
Escalada
Tocando o Sacro coas mans.
O meu mundial, con Brasil ao lonxe
Botei os dentes futebolísticos no Mundial do 82. Co Brasil do Dr. Sócrates, Zico e Junior. Dende aquela, vivo o mundial como unha festa. Empatizo con todos. Se por min fose, unha copa para todos os equipos, os que foron, polo que nos deron, e os que non, polo que queren e poderían ser. […]
Zacande
Ben podería ser un acampamento sioux, dos western de John Wayne. Mesmo o reino dunha raíña moura. Ou o título dun clásico, tipo Mogambo. Pero, non. É unha aldea, podería ser unha de tantas, unha das nosas. Só que cando volvemos a ela, volvemos a Zacande. Ler artigo completo en Sermos Galiza
Falamos galego
Falamos galego, na casa, e por varias xeracións. Que perdure, con primaveras ou invernos, pero sempre en galego.
25 anos de amizade
Agora tamén coas familias. Con outros 25 (se as lesións nos respectan) celebaremos as xubilacións (se é que aínda existen). Que non decaia, camaradas!