Os días 28, 28 e 30 de novembro, na vella estación ferroviara de Braga, levouse a cabo a lectura dramatizada da obra de Roberto Vidal Bolaño, Mar revolto. Esta peza, estreada no 2001, foi dirixida por José Martins e obedecía a unha co-produción entre o CDG e os teatros do norte de Portugal.
A historia do secuestro do Santa Liberdade é o argumento deste texto dramático, que foi dirixido agora por Manuel Guede e dramatizado en lectura pública polos participantes nos talleres do Braga Cult, o proxecto de intervención cultural da Companhia de Teatro de Braga.
Completou o programa unha mesa redonda, no día 27, sobre este episodio histórico, no que se visualizou o documental «Operación Dulcinea» que relata a historia do asalto ao Santa María. Participou nela o xornalista da CRTVG, Luís Menéndez, autor do documental.
Fotos de João Vilares @