O thriller xacobeo, a novela policial e a narcoficción son os casos singulares deste percorrido pola cartografía da narrativa galega actual, que foi Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. Expresados a través da literatura, as artes escénicas, o cinema e a televisión, e con localización específica en Compostela, Vigo e as Rías Baixas. Tres casos e tres escenarios nos que se enfoca o método trasmedial e cartográfico adoptado, co que se facilita a análise da transformación dunha cultura. A cidade actual recolle, en esencia, o legado da tradición narrativa para redeseñar a organización xeoliteraria da Galicia contemporánea.
A recepción de Cartografías da narrativa galega contemporánea na prensa:
«Mapas para visualizar a narrativa galega» – La Voz de Galicia.
«Ficção tem cada vez mais impacto na identidade e cultura galega» – RUM
«Vejo o prémio como uma consequência e não como uma finalidade» – ComUM