As novidades editoriais do ano que está a rematar, moitas e interesantes, trouxéronnos un notable predominio da literatura de suspense. En canto discernimos como categorizamos o macroxénero negro/policial na ficción galega podemos constatar que o thriller criminal caracterizou algúns dos volumes con maior impacto no mercado do libro galego do 2019. Tentativas de asasinatos masivos, crimes de […]
Xaquín Núñez gaña o XIX Premio de Ensaio Ramón Piñeiro
O 27 de decembro de 2019 fallouse o XIX Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, que obtiven coa obra Cartografías da narrativa galega contemporánea. Unha cultura en transformación, unha literatura en tránsito, unha ficción en mapas. O Premio é convocado pola Secretaría Xeral de Política Linguística e a Editorial Galaxia, que publicará o traballo en 2020. […]
Novos retratos: intermedialidade, transmedialidade e políticas identitarias
No Seminário «Les nouveaux portraits: intermédialité, transmédialité et politiques identitaires», da Universidade de Clermont-Auvergne analicei os relatos e retratos da ficción sobre o narcotráfico en Galicia, desde unha perspectiva intermedial (literatura, periodismo, televisión e cómic). As estratexias discursivas utilizadas, que parten da dimensión cartográfica do xénero, van dende un certo paternalismo, asentado nas estruturas socio-económicas […]
Escritoras, literatura fantástica hiperbreve e canon
No IV CONGRESO INTERNACIONAL VISIONES DE LO FANTÁSTICO: “LAS CREADORAS Y LO FANTÁSTICO”, continuei coa análise do microrrelato no campo literario, a partir do estudo das antoloxías. Neste caso analicei a presenza de escritoras nas antoloxías de minificción e o seu contributo ao repertorio do microrrelato contemporáneo. Presentación «Canon y repertorio fantástico en las escritoras […]
Literatura e universidade
En Enseñar literatura en la universidad del siglo XXI desenvolvo aspectos teóricos, críticos e didácticos, a partir da obra de tres clásicos hispánicos do XX. Pretende ser unha proposta adecuada á práctica cultural do alumnado, que deberá acometer tarefas de reflexión, investigación e creación.
Cultura dixital e narrativas distópicas: da minificción en rede a Black mirror
Nesta presentación, desenvolvida na Univesidade de Santiago de Compostela (Simposio Internacional Prácticas virtuais e dixitais emerxentes) e na Universidade do Minho (Coloquio Internacional Figuras do post-humano. Literatura, cinema, cómics) analicei a cultura dixital e as narrativas distópicas, a partir da minificción publicada na rede e de capítulos da serie televisiva Black mirror. Presentación Cultura digital […]
Relecturas posmodernas do Quijote en Breaking Bad
Que poden ter en común o Quijote e Breaking Bad? É incompatible a cultura de masas e o entretemento coa cualidade narrativa e as reflexións filosóficas? En que se parece a bondade de Walter White e Don Quijote? Hai unha viaxe á loucura e ao mal? Por que tantos espectadores da serie tentaron comparala coa […]
Vigo e a novela negra
La Voz de Galicia daba noticia do meu artigo Vigo noir. Xeografías literarias e relacións intersistémicas na novela negra galega. Ao fío desta investigación, ofrecía unha entrevista sobre a emerxencia deste xénero literario na literatura galega. Ler entrevista completa.
Entrevista sobre Luces de bohemia e as obras completas de Valle-Inclán
A propósito da publicación das obras completas de Valle-Inclán, na colección de La Voz de Galicia, Entrevista en dúas columnas co xornal a propósito da edición de Luces de bohemia, que abriu a colección. O titular da conversa foi «Valle non perdeu a capacidade de sorprender ao lector» Ler entrevista completa.
Vigo e as cartografías da novela negra galega
En Vigo noir. Xeografías literarias e relacións intersistémicas na novela negra galega, analizo a posición da novela policial no sistema literario galego e a constitución de Vigo e a súa contorna como un espazo iterario, indispensable para entender este subxénero na cultura galega e para alén dela. O artigo foi publicado no monográfico Confluencias e […]