20 anos de Teatragal

O 6, 7 e 8 de setembro de 1996 reuníronse en Cangas, e días despois en Viana do Castelo, dramaturgos, directores e actores da escena galega e portuguesa. Os nomes de Vidal Bolaño, José Martins, Manuel Guede, Carlos Porto, Castro Guedes, Eduardo Alonso ou Manuel Vieites evidencian a relevancia das voces que interviñeron nos debates […]

O belén

Envío estas liñas nas vésperas do Nadal. Do Nadal brasileiro, de impoñente sincretismo cromático, cultural e relixioso. Referentes moi afastados dos usos e imaxes aos que acostumamos polas latitudes setentrionais. Compartimos, non obstante, simboloxías como a árbore, as cintas de cores ou o belén (magnífica unha mostra artesanal na catedral carioca). Ler o artigo completo en […]

Telexenia

Comezar este artigo cun neoloxismo é xa unha declaración de intencións. O novo parece que se impón, tamén na actual hora política, segundo consenso case xeneralizado. Si, tamén eu concordo con que estamos a asistir a un renovado –e desexable- interese pola política e, xa que logo, talvez a unha maior conciencia da súa importancia […]

Moncho Fernández

Chegada a primavera e os veredictos das competicións deportivas, Compostela celebra un ano máis a proeza de manter o seu equipo de baloncesto na división de ouro. Cómpre, dentro do meritorio resultado, o debido recoñecemento a Moncho Fernández, que capitanea este proxecto deportivo, collendo o testemuño que deixara aquel Compos mataxigantes. Ler o artigo completo […]

Xardín suspenso

Abriu o ano o Centro Dramático Galego cunha estrea que aposta de novo polo intercambio teatral con Portugal. Neste caso, unha obra, Xardín suspenso, do montealegrense Abel Neves, que se manterá en carteleira ata o vindeiro día 29 de marzo. Ler máis en Sermos Galiza

Os Celga na encrucillada

Comecemos polo principio e o substantivo. O sistema Celga é necesario –a pouco, claro está, que nos tomemos minimamente en serio a lingua-. Foi, ademais, meritorio na súa implantación e na definición técnica das probas, así como na elaboración de instrumentos apropiados para levar a cabo unha avaliación rigorosa e socialmente crible. Pero como calquera […]