A programação primaveral do Teatro Nacional D. Maria II, de Lisboa, inclui entre as estreias mais salientáveis de 2015, o espetáculo Sax Tenor, baseado na obra, quase homónima, de Roberto Vidal Bolaño. Estará em cartaz do 7 ao 24 de maio, sob a direção do dramaturgo português, José Martins, um velho conhecido do público teatral […]
Valle-Inclán: os trazos do escritor
Conversa a tres bandas, con Margarita Santos e Rosario Mascato, a propósito da obra de Valle-Inclán. Vídeo da exposición Valle-Inclán traducido: outros verbos, novas lecturas, organizado polo Consello da Cultura Galega e comisariado por Rosario Mascato.
As invisibles: Carne trémula
Os anos felices de vacacións low cost, cubatas e puterío devólvennos agora, como os cascallos dunha sinistra marea, a novela negra por entregas de episódicas e case silenciadas redadas contra a trata de brancas. Como unha nota a pé de páxina da necesaria actualidade. Unha puntada na conciencia.
Cadencias outonais
Chegou, por fin, o outono. Con esa confortable reiteración das rutinas cotiás. Con aquela folla de xornal que nos trae a noticia, que pasado mañá será intranscendente, pero hoxe se torna impreterible. Nada máis actual que a páxina do día, e nada máis caduco que a amarelada da antevéspera. No xornal, onde pasamos dun lado […]
Escalada
Tocando o Sacro coas mans.
O teatro do mundo
Participación no coloquio acerca do teatro ibérico (americano), que precedeu á estrea da obra de Sarabela Teatro, Pequenas certezas, da autora mexicana Bárbara Colio e dirixida por Ánxeles Cuña
Ler e representar a Valle-Inclán na Feira do Livro de Braga
Un dos actos da Feira do Livro de Braga foi a lectura dramatizada dos textos de Valle-Inclán, A rosa de papel e Sacrilégio. A iniciativa intégrase no proxecto BragaCult da Companhia de Teatro de Braga e formou parte dun dos talleres dirixidos polo director de teatro galego Antonio Simón. A CTB covidoume para realizar a presentación […]
O meu mundial, con Brasil ao lonxe
Botei os dentes futebolísticos no Mundial do 82. Co Brasil do Dr. Sócrates, Zico e Junior. Dende aquela, vivo o mundial como unha festa. Empatizo con todos. Se por min fose, unha copa para todos os equipos, os que foron, polo que nos deron, e os que non, polo que queren e poderían ser. […]
Sísifo nos Celga
Cando hoxe se abran ás 8:45 as portas das Escolas de Idiomas para unha nova convocatoria dos Celga, non poderei reprimir unha sensación de nostalxia e tristura. O primeiro porque tiven a sorte e o privilexio de facer parte, ata o ano pasado, do (excelente) equipo que puxo a andar o proxecto. Ler artigo […]
Zacande
Ben podería ser un acampamento sioux, dos western de John Wayne. Mesmo o reino dunha raíña moura. Ou o título dun clásico, tipo Mogambo. Pero, non. É unha aldea, podería ser unha de tantas, unha das nosas. Só que cando volvemos a ela, volvemos a Zacande. Ler artigo completo en Sermos Galiza