Falamos galego, na casa, e por varias xeracións. Que perdure, con primaveras ou invernos, pero sempre en galego.
Das Letras dos vivos
Casualidades das calendas, quixo o azar que me estree nesta sección coincidindo coas festividades do Día das Letras. Pero que ninguén se inquiete, que non penso insistir nas merecidas ponderacións da obra e vida do conmemorado. Xa o ano pasado, nas páxinas do Diário do Minho, tiven oportunidade de glosar os méritos do homenaxeado no […]
25 anos de amizade
Agora tamén coas familias. Con outros 25 (se as lesións nos respectan) celebaremos as xubilacións (se é que aínda existen). Que non decaia, camaradas!
Educación e escola
Hai algún tempo fiquei un tanto sorprendido coa visión maniquea que se transmitiu da (nefasta) educación do sur da Europa, coa (modélica) dos países nórdicos, nomeadamente co sistema finés. Ben é certo que as avaliacións de competencias avalan a sólida estrutura e o asentado funcionamento da organización educativa nórdica, ben lonxe dos diagnósticos precipitados e […]
Atlántica. Festival Internacional da narración oral
Do 11 ao 22 de marzo terá lugar nos teatros e espazos culturais de Compostela a segunda edición do Festival Atlántica. Narracións orais, nanocontos, contos pola zona vella configuran o atractivo programa de Atlántica 2014.
VII Jornadas de Estudos Espanhóis e Hispano-Americanos
A Universidade do Minho acollerá entre o 1 e o 2 de abril de 2014 as VII Jornadas de Estudos Espanhóis e Hispano-Americanos, cuxo título será «Arriba el telón: enseñar teatro y enseñar desde el teatro».
Rui Madeira (Director da Companhia de Teatro de Braga)
As oficinas da CTB foron testemuñas da conversa con Rui Madeira (29-I-2014). Falou de como se organizan as compañías teatrais galegas e portuguesas, do teatro como servizo público, das persoas que pilotaron a escena nos últimos anos. De todo isto e de moito máis… Audio da conversa con Rui Madeira
Manuel Guede (Director do Centro Dramático Galego)
Conversamos con Manuel Guede no Café Rúa Nova, o 23 de xaneiro de 2014. Falou de teatro, claro, de historias que se entrelazan ao cruzarmos o Miño, da república independente da escena. Co «Troco x Troco», o programa de intercambio teatral galego-portugués, como pano de fondo. Audio da entrevista con Manuel Guede.
A inutilidade das humanidades
En determinada ocasión, tiven oportunidade de escoitar a José Luis Gómez. Dicía, con razón, que non hai proxecto democrático, sen un auténtico proxecto cultural detrás. Viña isto a colación nun tempo, que xa perdura, onde a planificación cultural vai a miúdo de fasto en fasto ata a derrota final.
Valle-Inclán, poeta moderno no canonizado
Xa está nas librerías o libro de Rosario Mascato, Valle-Inclán, poeta moderno no canonizado, resultado do traballo co que gañou o Premio Concepción Arenal, en 2012.