O 27 de decembro de 2019 fallouse o XIX Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, que obtiven coa obra Cartografías da narrativa galega contemporánea. Unha cultura en transformación, unha literatura en tránsito, unha ficción en mapas. O Premio é convocado pola Secretaría Xeral de Política Linguística e a Editorial Galaxia, que publicará o traballo en 2020. […]
Flaneando…
desde o noroeste do suroeste (Miño arriba, Miño abaixo) onde vexo as cousas que me gustan e as que non; onde os camiños rematan (en Fisterra); onde habita a razón e migran os afectos.
Canon e repertorio fantástico nas escritoras de microrrelato
A narrativa breve, e moi especialmente o microrrelato, é un xénero propicio para o tratamento do fantástico. A quebra da fronteira entre o real e o imaxinado, soñado, insólito ou inverosímil encaixa nas estratexias de elipse e intensidade do relato curto. En “Canon y repertorio fantástico en las escritoras de microrrelato” propóñeme abordar, dentro deste […]
Clásicos para todos os públicos. La casa de Bernarda Alba
Esta unidade didáctica de La casa de Bernarda Alba, en formato genially, pretende facilitar o acceso á súa lectura, dramática e escénica, para un alumnado cun nivel de lingua B2 de español ou superior. A secuencia en catro tarefas percorre o mundo cultural e vivencial de Lorca que expresa este texto teatral, centrado na traxedia […]
O Entremés famoso sobre a pesca do río Miño en Almagro
O Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro abreu de novo as portas ás compañías e ao público, con Portugal, nesta ocasión, como país convidado. Entre as propostas escénicas figuraba, nos días 2 e 3 de xullo, unha co-produción entre a Companhia de Teatro de Braga e o Centro Dramático Galego, estendendo unha vía de […]
Cartografías da narrativa galega contemporánea
O thriller xacobeo, a novela policial e a narcoficción son os casos singulares deste percorrido pola cartografía da narrativa galega actual, que foi Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. Expresados a través da literatura, as artes escénicas, o cinema e a televisión, e con localización específica en Compostela, Vigo e as Rías Baixas. Tres casos e […]
Compostela ás escuras
“A realidade imita a ficción” lese nestes días, nos que a distopía deixou de ser unha angustiosa experiencia creativa para vivila en carne propia. Esta mesma percepción acompañoume cando, ao inicio do confinamento, apuraba as últimas páxinas de Rueiro da cidade escura, de Patricia A. Janeiro. A autora preséntanos unha cidade que, de súpeto, unha […]
Categorización de microrrelatos (Mar de pirañas)
No artigo «Taxonomía del microrrelato hispánico del siglo XXI: propuestas metodológicas de investigación en (la) red« (Núñez Sabarís e Ribeiro, 2020) abordamos un estudo crítico do microrrelato do presente século, apoiándonos na base de datos Microrrelato y antología. Analizamos os textos incluídos na antoloxía Mar de pirañas (Valls, 2012), aplicando novos campos e categorías (extensión, […]
Entrevista no xornal Nós Diario
O xornal Nós Diario recolle esta entrevista sobre o traballo Cartografías da narrativa galega contemporánea, gañador do XIX Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Na entrevista realizada por Héctor Pena abordamos os estudos transmedia, a posición da literatura galega no contexto global, as xeografías literarias ou a creación artística e a proxección comercial da cultura.
Número especial de lanzamento – Revista 2i
O número especial de lanzamento, da Revista 2i (Identidades e intermedialidades), «Identidade e Retrato: Novos Paradigmas | Novos Media» foi editado por Eunice Ribeiro e é o primeiro volume desta publicación que terá unha frecuencia de dous números anuais.