Compostela ás escuras

“A realidade imita a ficción” lese nestes días, nos que a distopía deixou de ser unha angustiosa experiencia creativa para vivila en carne propia. Esta mesma percepción acompañoume cando, ao inicio do confinamento, apuraba as últimas páxinas de Rueiro da cidade escura, de Patricia A. Janeiro. A autora preséntanos unha cidade que, de súpeto, unha […]

2019: «Suspense» en literatura

As novidades editoriais do ano que está a rematar, moitas e interesantes, trouxéronnos un notable predominio da literatura de suspense. En canto discernimos como categorizamos o macroxénero negro/policial na ficción galega podemos constatar que o thriller criminal caracterizou algúns dos volumes con maior impacto no mercado do libro galego do 2019. Tentativas de asasinatos masivos, crimes de […]

Cartografías: Bairro Novo Amazonas

En Galicia, a rosa dos ventos apunta a miúdo ao Brasil, xa sexa por aventuras marítimas, migratorias ou sentimentais, configurando millares de cartografías íntimas. Por exemplo, a do bairro Novo Amazonas, cuxa cartografía física o sitúa nun equidistante punto entre os núcleos urbanos de Belo Horizonte e Betim, formando parte da área metropolitana da grande […]

#Galifornia

Garabateei estas liñas o pasado sábado, antes de que Galicia se convertese nunha inmensa pira. Máis alá da tráxica anécdota, xa que logo, interésame a categoría dun artigo que podería ser escrito calquera mañá, de calquera día dos últimos outonos. De cando a memoria da chuvia se tornou en saudade. Ler artigo completo en Sermos […]

A estrea de «A cabeza do dragón». Valle-Inclán tamén acouta en galego

A recente e excelente exposición Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936) do Consello da Cultura Galega, comisariada por Rosario Mascato, evidenciou a proxección universal e a recepción internacional da obra literaria de Valle-Inclán. A medición dos ecos interculturais dun texto indican que a tradución non é apenas un exercicio meramente instrumental para favorecer a […]

Balaídos en color

Baixan revoltas as augas por casa Celta e o lío está instalado en Río, como diría a Foliada da Roda. Cando todo parecía transitar por augas tranquilas (xestión rigorosa, éxitos deportivos, canteira) ese Sísifo que levamos incorporado os celtistas instalou entre nós a enésima crise de identidade. Bátese, xa que logo, a cousa entre os […]

Ilusións en precario

Entre o rebumbio informativo post-electoral, chegáronnos os pálidos ecos dun estudo que noticiaba a precaria situación dos actores. A só o 8% lle alcanza a vivir da súa profesión. Non se corresponde o escaso interese que suscita o desmembramento das industrias culturais e creativas co notorio peso que teñen no PIB de calquera economía. Por […]

O último de Gundivós

Elías é o último de Gundivós. Ou o penúltimo, como lle gusta fantasear. Relata isto, mentres se aplica co torno artesanal, imaxinando coas mans figuras no barro. Barro de Guindivós, como a carqueixa coa que afuma as olas. Vai xuntando polas terras do Lemos o material que precisa para cocer xerras, cuncas e meleiros.  Conta […]