Actividade profesional

 

Son Professor Associado com Agregação (Profesor Titular acreditado a cátedra) do Departamento de Estudos Românicos do Instituto de Letras e Ciências Humanas (ILCH) da Universidade do Minho. No ILCH desempeñei o cargo de Vice-Presidente, dende maio de 2013 a maio de 2016, coas competencias da internacionalización, as infraestructuras e a dirección do Gabinete Técnico.

Participo tamén no Máster de Español Segunda Lengua y Lengua Extranjera, do cal fun proponente e director. Este máster, que se imparte en modalidade e-learning, é pioneiro en Portugal neste ámbito.

Desde 2006 coordeno a Área de Estudos Espanhóis e Hispano-Americanos  e desempeño na actualidade o cargo de director do Departamento de Estudos Românicos, responsabilidade que xa exercera dende xullo de 2011 ata xullo de 2013 .

Con anterioridade, fun docente na Universidade de Santiago de Compostela, Universidade Federal de Minas Gerais (Belo Horizonte), Escola Nacional de Administración Pública de Polonia (Varsovia) e no Instituto Cervantes de Varsovia. Impartín numerosos seminarios de actualización científica e formación de profesores en Galicia, Bulgaria, Brasil ou Polonia.

Ata 2013 formei parte do equipo de traballo que elabora as probas e os instrumentos de avalación de Certificado de Lingua Galega (CELGA), e fun co-autor dos manuais de galego Aula de galego, os primeiros neste lingua en metodoloxía comunicativa.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.