Entrevista no xornal Nós Diario

O xornal Nós Diario recolle esta entrevista sobre o traballo Cartografías da narrativa galega contemporánea, gañador do XIX Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Na entrevista realizada por Héctor Pena abordamos os estudos transmedia, a posición da literatura galega no contexto global, as xeografías literarias ou a creación artística e a proxección comercial da cultura.

2019: «Suspense» en literatura

As novidades editoriais do ano que está a rematar, moitas e interesantes, trouxéronnos un notable predominio da literatura de suspense. En canto discernimos como categorizamos o macroxénero negro/policial na ficción galega podemos constatar que o thriller criminal caracterizou algúns dos volumes con maior impacto no mercado do libro galego do 2019. Tentativas de asasinatos masivos, crimes de […]

Novos retratos: intermedialidade, transmedialidade e políticas identitarias

No Seminário «Les nouveaux portraits: intermédialité, transmédialité et politiques identitaires», da Universidade de Clermont-Auvergne analicei os relatos e retratos da ficción sobre o narcotráfico en Galicia, desde unha perspectiva intermedial (literatura, periodismo, televisión e cómic). As estratexias discursivas utilizadas, que parten da dimensión cartográfica do xénero, van dende un certo paternalismo, asentado nas estruturas socio-económicas […]

Escritoras, literatura fantástica hiperbreve e canon

No  IV CONGRESO INTERNACIONAL VISIONES DE LO FANTÁSTICO: “LAS CREADORAS Y LO FANTÁSTICO”, continuei coa análise do microrrelato no campo literario, a partir do estudo das antoloxías. Neste caso analicei a presenza de escritoras nas antoloxías de minificción e o seu contributo ao repertorio do microrrelato contemporáneo. Presentación «Canon y repertorio fantástico en las escritoras […]

Cultura dixital e narrativas distópicas: da minificción en rede a Black mirror

Nesta presentación, desenvolvida na Univesidade de Santiago de Compostela (Simposio Internacional Prácticas virtuais e dixitais emerxentes) e na Universidade do Minho (Coloquio Internacional Figuras do post-humano. Literatura, cinema, cómics) analicei a cultura dixital e as narrativas distópicas, a partir da minificción publicada na rede e de capítulos da serie televisiva Black mirror. Presentación Cultura digital […]