Actividade investigadora

Desenvolvo o meu traballo como investigador no Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho. No centro, integro o Grupo de Investigación «Indentidade(s) e Intermedialidade(s) (G2I)», centrado nos estudos literarios e culturais.

Dentro deste grupo de investigación participo tamén no proxecto Retrato e Representações (R&R), que ten como obxectivo analizar o texto literario nas súas interaccións intermediais. Algúns dos meus traballos sobre a representación literaria da imaxe femenina no modernismo ou estudos actuais sobre a proxección das representacións literarias nas series televisivas articúlanse con estas liñas de investigación. Dentro das articulacións internacionais deste proxecto formo parte tamén do equipo de investigación do proxecto de investigación da Universidade de Zaragoza «El retrato literario en el mundo hispánico (siglos XVIII-XXI)» (con financiamento público 2015-2018 e 2019-2021).

Os obxectivos de investigación do Grupo 2I incorporan os resultados da investigación iniciada no proxecto «Mutações do conto nas sociedades urbanas contemporâneas – exuberância e minimalismo» (PTDC/CLE-LLI/103972/2008) que estudou as mutacións e migracións (xenéricas, semióticas ou sistémicas) na narrativa contemporánea e o comportamento transmedial de produtos culturais diversos (narración híbrida, performance, microficción ou hipertexto). No ámbito destes estudos desenvolvín a miña investigación sobre o microrrelato, que deu lugar a varias publicacións. Na actualidade formo parte do proxecto de investigación, con financiamento público, «MiRed (Microrrelato hipermedial español e hispanoamericano (2000-2020). Elaboración de un repositorio semántico y otros desafíos en la red», da Universidad San Pablo Ceu (Madrid)

Desde 1996 integro tamén o Grupo de Investigación Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela (GIVIUS), participando nos diversos proxectos do GIVIUS. Como membro deste grupo desenvolvín grande parte da miña actividade investigadora centrada en Valle-Inclán e no modernismo español. Co monográfico, Valle-Inclán en el Fin de Siglo. Femeninas, gañei en 2004 o primeiro premio do I Premio de Ensaio Valle-Inclán da Deputación de Pontevedra. 

Pertenzo tamén ao comité editorial das revistas Diacrítica. Série Ciências da Literatura e Lenguaje y Textos e da editorial Axac e son membro do comité de revisores internacionais da Revista Comunicar e da revista Universitas

En 2019, xunto con Eunice Ribeiro, creamos a Revista 2i «Estudios sobre identidade e Intermedialidade», coordinando o segundo volume da publicación sobre «Literatura e televisión».

Formo tamén parte do grupo de avaliadores das bolsas de doutoramento e pos-doutoramento no painel «Estudos Literarios e da Cultura», da Fundação para a Ciência e a Tecnologia (FCT), participando nas edicións de 2014, 2015, 2018 e 2019.

Na área do multilingüismo, integrei o proxecto “Avaliación de competencias en galego e castelán en alumnos galegos de 4º da ESO” Outubro de 2008-Junho de 2010) da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia e fun membro do equipo da Universidade do Minho que participou no proxecto IntUNI: Erasmus Academic Network (Outubro de 2012 a 2015), financiado pelo Lifelong Learning Programme da Comisión Europea e que tiña como obxectivo principal, avaliar e propor prácticas de multilingüísmo e interculturalidade no Ensino Superior. 

En 2015, coordenei o monográfico La didáctica de la literatura en la enseñanza de ELE, no número 42 da revista Lenguaje y textos.

Son membro da xunta directiva da Sociedad Española da Didáctica de la Lengua y la Literatura e, en 2013, presidín o comité organizador do XIV Congreso Internacional desta asociación, celebrado na Universidade do Minho  «Didáctica de ELE: Investigación, planificación académica y perspectivas de futuro», que congregou a case 300 investigadores de universidades portuguesas, españolas e lationamericanas. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *