O monstro, a brúxula e a morte en Breaking Bad

No artigo «Reescrituras del género policíaco en la ficción serial: la muerte, la brújula y el monstruo en Breaking Bad«, publicado na revista Tropelías. Revista de Teoría de la Literatura y Literatura Comparada, analizo a construcción monstrosa do protagonista e da trama da serie, a partir dunha análise intermedial coa literatura. Borges, Stevenson, Shelley ou […]

O fantástico na cultura galega e o thriller xacobeo

No volume 2, do número 6 da revista Brumal, dedicado ao horror e o fantástico, saíu publicado o artigo «Tradición, innovación y mercado en lo fantástico en la cultura gallega: el thriller xacobeo». Neste traballo analizo as transformacións do fantástico, a permeabilidade da temática xacobea no repertorio de produccións culturais galegas contemporáneas e a súa […]

Probas de agregação

O día 11 de xaneiro superei as probas de agregação en Ciencias da Literatura – Literatura Española. Presentei unha memoria pedagóxica sobre a literatura e cultura española do século XX e unha lección, cuxo título era «De Cervantes, Borges y Merino a la ficción serial (Breaking Bad). Literatura (hispánica) e intermedialidad en la era digital». […]

Mar revolto, de Vidal Bolaño, e as relacións teatrais luso-galaicas

No artigo «Mar revolto, de Vidal Bolaño, nas interseccións da dramaturxia galega e portuguesa», publicado no monográfico Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinar, abordo esta obra do dramaturgo compostelán, inspirada no secuestro do buque Santa María. Como pano de fondo, analízanse as relacións teatrais entre Galicia e o Norte de Portugal, que […]

Base de datos microrrelato hispánico

No Congreso Internacional MiRed – Microtextualidades y cibercultura presentei a base de datos, de elaboración propia, Microrrelatos y antología. Está constituida por un corpus de 1258 microrrelatos hispánicos, procedentes de seis antoloxías publicadas no presente século. Está concebida a partir dunha metodoloxía relacional, aportando datos dos autores, fontes bibliográficas primarias dos microrrelatos e repertorio (temas e motivos), que permite opcións de […]

Geografías literarias. Literatura por tarefas para alumnos de ELE

Geografías literarias. Un itinerario (inter) cultural por Galicia é un manual de literatura dirixido a alumnos de Español Lengua Extranjera (ELE) – nivel B2. Dívidese en cantro unidades didácticas, cunha metodoloxía por tarefas, que se apoian en textos literarios de escritores galegos, ofrecendo un percorrido pola literatura, cultura e xeografías galegas. Conta, ademais, cunha guía do […]

Seminario no IFRN

No día 12 de decembro participei no seminario internacional «Imaginar las palabras, conocer el mundo» no Instituto Federal de Rio Grande do Norte (Natal-Brasil). Esta iniciativa enmárcase nunha nova cooperación co IFRN e co grupo de investigación Núcleo de Pesquisa de Español como Lengua Extranjera (NUPELE) e cos profesores e alumnos da licenciatura de español. […]

Lectura dramatizada de Mar revolto en Braga

Os días 28, 28 e 30 de novembro, na vella estación ferroviara de Braga, levouse a cabo a lectura dramatizada da obra de Roberto Vidal Bolaño, Mar revolto.  Esta peza, estreada no 2001, foi dirixida por José Martins e obedecía a unha co-produción entre o CDG e os teatros do norte de Portugal. A historia […]

Presentación do libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda

Presentaremos na librería Centésima Página de Braga, o libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, editado por Xosé Manuel Lobato e Miro Villar, na editorial Alvarellos. Reúne diversos textos literarios de escritores galegos e portugueses de diferentes épocas, que deixaron constancia na súa obra deste espazo emblemático da xeografía galega. O evento contará […]