A narrativa breve, e moi especialmente o microrrelato, é un xénero propicio para o tratamento do fantástico. A quebra da fronteira entre o real e o imaxinado, soñado, insólito ou inverosímil encaixa nas estratexias de elipse e intensidade do relato curto. En “Canon y repertorio fantástico en las escritoras de microrrelato” propóñeme abordar, dentro deste paradigma, un dobre obxectivo. Por unha banda, analizar a posición canónica das escritoras de narrativa breve, utilizando o corpus de seis antoloxías de microrrelato, que integra a base de datos relacional (http://cehum.ilch.uminho.pt/microrrelatos_ xaquinnunez). En segundo lugar, tomando tamén como punto de partida os textos que integran o devandito corpus, clasificar os microrrelatos escritos por mulleres, a fin de analizar os elementos fantásticos que predominan, desde o punto de vista temático, narrativo ou intertextual.
![](https://i2.wp.com/xaquinnunez.com/wp-content/uploads/2022/01/fantasy-g2a3b655d2_1920.jpg?fit=820%2C659)