O fantástico na cultura galega e o thriller xacobeo

No volume 2, do número 6 da revista Brumal, dedicado ao horror e o fantástico, saíu publicado o artigo “Tradición, innovación y mercado en lo fantástico en la cultura gallega: el thriller xacobeo”. Neste traballo analizo as transformacións do fantástico, a permeabilidade da temática xacobea no repertorio de produccións culturais galegas contemporáneas e a súa […]

Probas de agregação

O día 11 de xaneiro superei as probas de agregação en Ciencias da Literatura – Literatura Española. Presentei unha memoria pedagóxica sobre a literatura e cultura española do século XX e unha lección, cuxo título era “De Cervantes, Borges y Merino a la ficción serial (Breaking Bad). Literatura (hispánica) e intermedialidad en la era digital”. […]

Mar revolto, de Vidal Bolaño, e as relacións teatrais luso-galaicas

No artigo “Mar revolto, de Vidal Bolaño, nas interseccións da dramaturxia galega e portuguesa”, publicado no monográfico Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinar, abordo esta obra do dramaturgo compostelán, inspirada no secuestro do buque Santa María. Como pano de fondo, analízanse as relacións teatrais entre Galicia e o Norte de Portugal, que […]

Base de datos microrrelato hispánico

No Congreso Internacional MiRed – Microtextualidades y cibercultura presentei a base de datos, de elaboración propia, Microrrelatos y antología. Está constituida por un corpus de 1258 microrrelatos hispánicos, procedentes de seis antoloxías publicadas no presente século. Está concebida a partir dunha metodoloxía relacional, aportando datos dos autores, fontes bibliográficas primarias dos microrrelatos e repertorio (temas e motivos), que permite opcións de […]

Geografías literarias. Literatura por tarefas para alumnos de ELE

Geografías literarias. Un itinerario (inter) cultural por Galicia é un manual de literatura dirixido a alumnos de Español Lengua Extranjera (ELE) – nivel B2. Dívidese en cantro unidades didácticas, cunha metodoloxía por tarefas, que se apoian en textos literarios de escritores galegos, ofrecendo un percorrido pola literatura, cultura e xeografías galegas. Conta, ademais, cunha guía do […]

Mapeando Luces de bohemia. Ensinar o esperpento

O artigo “La enseñanza de la literatura en la formación superior plurilingüe e intercultural. Mapeando Luces de bohemia de Valle-Inclán“, aborda o desafío de levar ás aulas este texto dramático e a estética do esperpento, a través dunha unidade didáctica, orientada a contextos de aprendizaxe multilingües e dirixida, fundamentalmente, a alumnos non nativos. Saíu publicado […]

Cartografías: Bairro Novo Amazonas

En Galicia, a rosa dos ventos apunta a miúdo ao Brasil, xa sexa por aventuras marítimas, migratorias ou sentimentais, configurando millares de cartografías íntimas. Por exemplo, a do bairro Novo Amazonas, cuxa cartografía física o sitúa nun equidistante punto entre os núcleos urbanos de Belo Horizonte e Betim, formando parte da área metropolitana da grande […]

Seminario no IFRN

No día 12 de decembro participei no seminario internacional “Imaginar las palabras, conocer el mundo” no Instituto Federal de Rio Grande do Norte (Natal-Brasil). Esta iniciativa enmárcase nunha nova cooperación co IFRN e co grupo de investigación Núcleo de Pesquisa de Español como Lengua Extranjera (NUPELE) e cos profesores e alumnos da licenciatura de español. […]

Literatura, ensino e transmedialidade

Co título “Imaginar las palabras. La literatura en la era digital” participei nun seminario do Instituto Federal de Rio Grande do Norte (Natal-Brasil) para alumnos e profesores de español. Debatemos sobre o estatuto da literatura, sobre a evolución das metodolxías de ensino e aprendizaxe e sobre prácticas transmediais nos tempos hipermodernos. A continuación a presentación […]