Nesta presentación, desenvolvida na Univesidade de Santiago de Compostela (Simposio Internacional Prácticas virtuais e dixitais emerxentes) e na Universidade do Minho (Coloquio Internacional Figuras do post-humano. Literatura, cinema, cómics) analicei a cultura dixital e as narrativas distópicas, a partir da minificción publicada na rede e de capítulos da serie televisiva Black mirror. Presentación Cultura digital […]
Autor: xaquin
Relecturas posmodernas do Quijote en Breaking Bad
Que poden ter en común o Quijote e Breaking Bad? É incompatible a cultura de masas e o entretemento coa cualidade narrativa e as reflexións filosóficas? En que se parece a bondade de Walter White e Don Quijote? Hai unha viaxe á loucura e ao mal? Por que tantos espectadores da serie tentaron comparala coa […]
Vigo e a novela negra
La Voz de Galicia daba noticia do meu artigo Vigo noir. Xeografías literarias e relacións intersistémicas na novela negra galega. Ao fío desta investigación, ofrecía unha entrevista sobre a emerxencia deste xénero literario na literatura galega. Ler entrevista completa.
Entrevista sobre Luces de bohemia e as obras completas de Valle-Inclán
A propósito da publicación das obras completas de Valle-Inclán, na colección de La Voz de Galicia, Entrevista en dúas columnas co xornal a propósito da edición de Luces de bohemia, que abriu a colección. O titular da conversa foi «Valle non perdeu a capacidade de sorprender ao lector» Ler entrevista completa.
Vigo e as cartografías da novela negra galega
En Vigo noir. Xeografías literarias e relacións intersistémicas na novela negra galega, analizo a posición da novela policial no sistema literario galego e a constitución de Vigo e a súa contorna como un espazo iterario, indispensable para entender este subxénero na cultura galega e para alén dela. O artigo foi publicado no monográfico Confluencias e […]
Novela policial e gamificación nas aulas de ELE (La playa de los ahogados).
A unidade didáctica“Código: 42.15 / -8.8333”, de Xaquín Núñez Sabarís, Ana Cea Álvarez e Ana da Silva Dias, está inspirada na novela de Domingo Villar, La playa de los ahogados (2009) e está dirixida a alumnos de ELE, nivel B2. Segue unha metodoloxía por tarefas, explora a xeografía cultural do relato e utiliza recursos de […]
O monstro, a brúxula e a morte en Breaking Bad
No artigo «Reescrituras del género policíaco en la ficción serial: la muerte, la brújula y el monstruo en Breaking Bad«, publicado na revista Tropelías. Revista de Teoría de la Literatura y Literatura Comparada, analizo a construcción monstrosa do protagonista e da trama da serie, a partir dunha análise intermedial coa literatura. Borges, Stevenson, Shelley ou […]
O fantástico na cultura galega e o thriller xacobeo
No volume 2, do número 6 da revista Brumal, dedicado ao horror e o fantástico, saíu publicado o artigo «Tradición, innovación y mercado en lo fantástico en la cultura gallega: el thriller xacobeo». Neste traballo analizo as transformacións do fantástico, a permeabilidade da temática xacobea no repertorio de produccións culturais galegas contemporáneas e a súa […]
Probas de agregação
O día 11 de xaneiro superei as probas de agregação en Ciencias da Literatura – Literatura Española. Presentei unha memoria pedagóxica sobre a literatura e cultura española do século XX e unha lección, cuxo título era «De Cervantes, Borges y Merino a la ficción serial (Breaking Bad). Literatura (hispánica) e intermedialidad en la era digital». […]
Mar revolto, de Vidal Bolaño, e as relacións teatrais luso-galaicas
No artigo «Mar revolto, de Vidal Bolaño, nas interseccións da dramaturxia galega e portuguesa», publicado no monográfico Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinar, abordo esta obra do dramaturgo compostelán, inspirada no secuestro do buque Santa María. Como pano de fondo, analízanse as relacións teatrais entre Galicia e o Norte de Portugal, que […]