Cartografías: Bairro Novo Amazonas

En Galicia, a rosa dos ventos apunta a miúdo ao Brasil, xa sexa por aventuras marítimas, migratorias ou sentimentais, configurando millares de cartografías íntimas. Por exemplo, a do bairro Novo Amazonas, cuxa cartografía física o sitúa nun equidistante punto entre os núcleos urbanos de Belo Horizonte e Betim, formando parte da área metropolitana da grande […]

Seminario no IFRN

No día 12 de decembro participei no seminario internacional “Imaginar las palabras, conocer el mundo” no Instituto Federal de Rio Grande do Norte (Natal-Brasil). Esta iniciativa enmárcase nunha nova cooperación co IFRN e co grupo de investigación Núcleo de Pesquisa de Español como Lengua Extranjera (NUPELE) e cos profesores e alumnos da licenciatura de español. […]

Literatura, ensino e transmedialidade

Co título “Imaginar las palabras. La literatura en la era digital” participei nun seminario do Instituto Federal de Rio Grande do Norte (Natal-Brasil) para alumnos e profesores de español. Debatemos sobre o estatuto da literatura, sobre a evolución das metodolxías de ensino e aprendizaxe e sobre prácticas transmediais nos tempos hipermodernos. A continuación a presentación […]

Lectura dramatizada de Mar revolto en Braga

Os días 28, 28 e 30 de novembro, na vella estación ferroviara de Braga, levouse a cabo a lectura dramatizada da obra de Roberto Vidal Bolaño, Mar revolto.  Esta peza, estreada no 2001, foi dirixida por José Martins e obedecía a unha co-produción entre o CDG e os teatros do norte de Portugal. A historia […]

Presentación do libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda

Presentaremos na librería Centésima Página de Braga, o libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, editado por Xosé Manuel Lobato e Miro Villar, na editorial Alvarellos. Reúne diversos textos literarios de escritores galegos e portugueses de diferentes épocas, que deixaron constancia na súa obra deste espazo emblemático da xeografía galega. O evento contará […]