Geografías literarias. Literatura por tarefas para alumnos de ELE

Geografías literarias. Un itinerario (inter) cultural por Galicia é un manual de literatura dirixido a alumnos de Español Lengua Extranjera (ELE) – nivel B2. Dívidese en cantro unidades didácticas, cunha metodoloxía por tarefas, que se apoian en textos literarios de escritores galegos, ofrecendo un percorrido pola literatura, cultura e xeografías galegas. Conta, ademais, cunha guía do […]

Seminario no IFRN

No día 12 de decembro participei no seminario internacional «Imaginar las palabras, conocer el mundo» no Instituto Federal de Rio Grande do Norte (Natal-Brasil). Esta iniciativa enmárcase nunha nova cooperación co IFRN e co grupo de investigación Núcleo de Pesquisa de Español como Lengua Extranjera (NUPELE) e cos profesores e alumnos da licenciatura de español. […]

Lectura dramatizada de Mar revolto en Braga

Os días 28, 28 e 30 de novembro, na vella estación ferroviara de Braga, levouse a cabo a lectura dramatizada da obra de Roberto Vidal Bolaño, Mar revolto.  Esta peza, estreada no 2001, foi dirixida por José Martins e obedecía a unha co-produción entre o CDG e os teatros do norte de Portugal. A historia […]

Presentación do libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda

Presentaremos na librería Centésima Página de Braga, o libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, editado por Xosé Manuel Lobato e Miro Villar, na editorial Alvarellos. Reúne diversos textos literarios de escritores galegos e portugueses de diferentes épocas, que deixaron constancia na súa obra deste espazo emblemático da xeografía galega. O evento contará […]

Proxecto de investigación «El retrato literario en el mundo hispánico (XVI-XXI)

Os días 23 e 24 de novembro de 2017 celebrouse o Seminario Internacional «El retrato literario en el mundo hispánico (siglos XVIII-XXI)», na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Zaragoza, integrado no proxecto de investigación, que leva o mesmo nome. Participaron investigadores de diversas universidades, tamén da Universidade do Minho. A miña intervención centrouse […]

Edición e introdución de Jardín umbrío (Valle-Inclán)

Lin e coñecín os clásicos hispánicos nas edicións de Alianza, Cátedra ou Austral. De aí, a tremenda satisfacción de poder editar a Valle-Inclán en Alianza Editorial. Jardín umbrío é o seu libro de contos, as historias da vella Micaela la Galana, que aínda hoxe nos fan tremer a través dese mundo máxico, fantástico e misterioso. Edición […]

Dez anos despois de Bolonia: os estudios de español en perspectiva

Na conferencia de clausura do VII Congresso sobre o ensino do espanhol em Portugal: Investigación, e innovación en la enseñanza de ELE (Universidade do Minho), analicei  a situación dos estudos de español no sistema universitario portugués, desde a implantación do proceso de Boloña. Tamén os desafíos futuros e as orientacións estratéxicas. Moi agradecido á comisión […]

Mito, horror e fantástico no thriller xacobeo

Hoxe estarei na Autónoma de Barcelona, no III Congreso Internacional Visiones sobre lo fantástico, a falar de novos paradigmas do fantástico na cultura galega. De intermedialidade e da proxección internacional da temática xacobea en producións literarias e audiovisuais: Trece badaladas e O Apóstolo.  

Microrrelato, campo literario e antoloxía – revista Microtextualidades

No número 1 de Microtextualidades, revista científica de carácter internacional, dedicada ao microrrelato e minificción, publiquei o artigo Microrrelato y campo literario: un análisis relacional y de corpus de las antologías contemporáneas (2000-2017). Trátase dun traballo sobre o microrrelato hispánico e o seu comportamento no campo literario, a partir do estudo das antoloxías contemporáneas. Agradezo á […]