O monstro, a brúxula e a morte en Breaking Bad

No artigo “Reescrituras del género policíaco en la ficción serial: la muerte, la brújula y el monstruo en Breaking Bad“, publicado na revista Tropelías. Revista de Teoría de la Literatura y Literatura Comparada, analizo a construcción monstrosa do protagonista e da trama da serie, a partir dunha análise intermedial coa literatura. Borges, Stevenson, Shelley ou Wilde aparecen no thriller metafísico e filosófico creado por Vince Gilligan.