Base de datos microrrelato hispánico

No Congreso Internacional MiRed – Microtextualidades y cibercultura presentei a base de datos, de elaboración propia, Microrrelatos y antología. Está constituida por un corpus de 1258 microrrelatos hispánicos, procedentes de seis antoloxías publicadas no presente século. Está concebida a partir dunha metodoloxía relacional, aportando datos dos autores, fontes bibliográficas primarias dos microrrelatos e repertorio (temas e motivos), que permite opcións de búsquedas diversas e relevantes para unha análise da posición do microrrelato no campo literario hispánico.

Agradezo a Paulo Martins, técnico do Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho, a contribución para realizar a conversión do formato orixinal en access ao actual en html.

Máis información sobre os resultados obtidos nesta base de datos no artigo “Microrrelato y campo literario: un análisis relacional y de corpus de las antologías contemporáneas (2000-2017)» – Microtextualidades, nº 1, 2017.