A inutilidade das humanidades

En determinada ocasión, tiven oportunidade de escoitar a José Luis Gómez. Dicía, con razón, que non hai proxecto democrático, sen un auténtico proxecto cultural detrás. Viña isto a colación nun tempo, que xa perdura, onde a planificación cultural vai a miúdo de fasto en fasto ata a derrota final.

Compadécese mal o escrutinio  constante á acción cultural, cando, por exemplo, entre Galicia e o Norte de Portugal, as industrias creativas e culturais facturaron, entre 2006 e 2009, máis de 2,3 millóns de euros. Entretanto, cada euro público que se emprega chórase como se fose a fondo perdido e os hábitos de ocio van cada vez máis por camiños diverxentes.

Nada estraño cando as humanidades sofren un insoportable achique de espazo a nível educativo, como se non contribuísen a xerar pensamento, benestar e riqueza. Entre a imprescindible mística executiva e a volatibilidade matemática, esquecemos que o verdadeiramente útil era aprender a pintar o futuro.  

«Hace poco di una conferencia a una asociación de empresarios alemanes que visitaron España y pidieron tener un encuentro con alguien representativo del sector cultural. Les pregunté por qué allí, en los tiempos duros de recortes del canciller Schröder, la cultura no se tocó. Y me dieron dos razones. Primero porque la cultura desarrolla la imaginación, y ésta es fundamental también para que los ingenieros diseñen todo tipo de máquinas y los empresarios abran nuevos horizontes de negocio.» (José Luis Gómez, El Cultural)

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *