O meu mundial, con Brasil ao lonxe

Botei os dentes futebolísticos no Mundial do 82. Co Brasil do Dr. Sócrates, Zico e Junior. Dende aquela, vivo o mundial como unha festa. Empatizo con todos. Se por min fose, unha copa para todos os equipos, os que foron, polo que nos deron, e os que non, polo que queren e poderían ser.

 

Pero nesta hora, cando no Mineirão se vai comezar a dictar sentencia, non podo deixar de transportarme

á garoa paulista sobre Ibirapuera e á marxen niteroiana do Rio,

ao paseo desasesogado en Flamengo e o nirvana no anoitecer carioca,

ás augas tempadas do Morro do Carioca en Natal e o atardecer no Pelouriño

ao choque da racionalidade de Brasília co relaxamento capixaba,

e ao sabor marítimo e bravo de Recife.

E sempre a BH, cos meus mineiros, mineira e mineirinhos.

Os espetos da feira da Afonso Pena e o solpor no Novo Amazonas,

o Mercado Central e o churrasquinho com cerveja.

 

E aínda me preguntan por que quero que gañe Brasil.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *