Comecemos polo principio e o substantivo. O sistema Celga é necesario –a pouco, claro está, que nos tomemos minimamente en serio a lingua-. Foi, ademais, meritorio na súa implantación e na definición técnica das probas, así como na elaboración de instrumentos apropiados para levar a cabo unha avaliación rigorosa e socialmente crible. Pero como calquera avaliación con impacto social, para ser sustentable, require planificación política, estabilidade institucional e recursos económicos e humanos adecuados.
![](https://i0.wp.com/xaquinnunez.com/wp-content/uploads/2016/11/celga.jpg?fit=500%2C500)
1 comentario sobre «Os Celga na encrucillada»