Telexenia

Comezar este artigo cun neoloxismo é xa unha declaración de intencións. O novo parece que se impón, tamén na actual hora política, segundo consenso case xeneralizado. Si, tamén eu concordo con que estamos a asistir a un renovado –e desexable- interese pola política e, xa que logo, talvez a unha maior conciencia da súa importancia […]

Moncho Fernández

Chegada a primavera e os veredictos das competicións deportivas, Compostela celebra un ano máis a proeza de manter o seu equipo de baloncesto na división de ouro. Cómpre, dentro do meritorio resultado, o debido recoñecemento a Moncho Fernández, que capitanea este proxecto deportivo, collendo o testemuño que deixara aquel Compos mataxigantes. Ler o artigo completo […]

Xardín suspenso

Abriu o ano o Centro Dramático Galego cunha estrea que aposta de novo polo intercambio teatral con Portugal. Neste caso, unha obra, Xardín suspenso, do montealegrense Abel Neves, que se manterá en carteleira ata o vindeiro día 29 de marzo. Ler máis en Sermos Galiza

Os Celga na encrucillada

Comecemos polo principio e o substantivo. O sistema Celga é necesario –a pouco, claro está, que nos tomemos minimamente en serio a lingua-. Foi, ademais, meritorio na súa implantación e na definición técnica das probas, así como na elaboración de instrumentos apropiados para levar a cabo unha avaliación rigorosa e socialmente crible. Pero como calquera […]

Cadencias outonais

Chegou, por fin, o outono. Con esa confortable reiteración das rutinas cotiás. Con aquela folla de xornal que nos trae a noticia, que pasado mañá será intranscendente, pero hoxe se torna impreterible. Nada máis actual que a páxina do día, e nada máis caduco que a  amarelada da antevéspera. No xornal, onde pasamos dun lado […]

Sísifo nos Celga

Cando hoxe se abran ás 8:45 as portas das Escolas de Idiomas para unha nova convocatoria dos Celga, non poderei reprimir unha sensación de nostalxia e tristura. O primeiro porque tiven a sorte e o privilexio de facer parte, ata o ano pasado, do (excelente) equipo que puxo a andar o proxecto.   Ler artigo […]

Zacande

Ben podería ser un acampamento sioux, dos western de John Wayne. Mesmo o reino dunha raíña moura. Ou o título dun clásico, tipo Mogambo. Pero, non. É unha aldea, podería ser unha de tantas, unha das nosas. Só que cando volvemos a ela, volvemos a Zacande. Ler artigo completo en Sermos Galiza

Das Letras dos vivos

Casualidades das calendas, quixo o azar que me estree nesta sección coincidindo coas festividades do Día das Letras. Pero que ninguén se inquiete, que non penso insistir nas merecidas ponderacións da obra e vida do conmemorado. Xa o ano pasado, nas páxinas do Diário do Minho, tiven oportunidade de glosar os méritos do homenaxeado no […]