Dez anos despois de Bolonia: os estudios de español en perspectiva

Na conferencia de clausura do VII Congresso sobre o ensino do espanhol em Portugal: Investigación, e innovación en la enseñanza de ELE (Universidade do Minho), analicei  a situación dos estudos de español no sistema universitario portugués, desde a implantación do proceso de Boloña. Tamén os desafíos futuros e as orientacións estratéxicas. Moi agradecido á comisión […]

Mito, horror e fantástico no thriller xacobeo

Hoxe estarei na Autónoma de Barcelona, no III Congreso Internacional Visiones sobre lo fantástico, a falar de novos paradigmas do fantástico na cultura galega. De intermedialidade e da proxección internacional da temática xacobea en producións literarias e audiovisuais: Trece badaladas e O Apóstolo.  

Microrrelato, campo literario e antoloxía – revista Microtextualidades

No número 1 de Microtextualidades, revista científica de carácter internacional, dedicada ao microrrelato e minificción, publiquei o artigo Microrrelato y campo literario: un análisis relacional y de corpus de las antologías contemporáneas (2000-2017). Trátase dun traballo sobre o microrrelato hispánico e o seu comportamento no campo literario, a partir do estudo das antoloxías contemporáneas. Agradezo á […]

«Arrincando marcos» – Antoloxía poética

O 27 de maio de maio, ás 18h, en Braga, nunha iniciativa conxunta entre a librería Centéssima Página, a asociación PORTA XIII  e Edicións Positivas, vaise presentar a antoloxía poética «Arrincando marcos», de Paula Carballeira, Rosalía Fernández Rial e María Rosendo. O acto contará coa presenza das tres poetas, Luandino Vieira e Francisco Macías. Promete… Antoloxía poética […]

A estrea de «A cabeza do dragón». Valle-Inclán tamén acouta en galego

A recente e excelente exposición Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936) do Consello da Cultura Galega, comisariada por Rosario Mascato, evidenciou a proxección universal e a recepción internacional da obra literaria de Valle-Inclán. A medición dos ecos interculturais dun texto indican que a tradución non é apenas un exercicio meramente instrumental para favorecer a […]

2016: ano Valle-Inclán

O 2016 que está a piques de rematar conmemorou os 150 anos do nacemento de Valle-Inclán. A Cátedra Valle-Inclán da USC, a Fundación Valle-Inclán e o Consello da Cultura Galega programaron interesantes iniciativas, con algunha das cales tiven a oportunidade de colaborar (tomo I da Obra completa da Biblioteca Castro e nº 5 da revista […]